jueves, 25 de julio de 2013

O Día de Galicia máis triste

Hoxe, é un dos días maís tristes dende que estou en Arxentina. Non podo quitarme da cabeza a todas esas familias que nun abrir e pechar de ollos perderon a un ser querido nesta traxedia. Cando se está fora da terra, é dificil non sentir coma propia esta doenza. Pero unha vez maís o noso pobo demostrou a súa grandeza, e a solidaridade volveu a ser a nosa razón de ser. Dende aquí o meu pequeno homenaxe a tódalas vícitimas,ás súas familias e a todas as personas que contribuiron dunha forma ou doutra nos traballos de rescate. De corazón, moito ánimo e forza para toda Galicia.